Servizo de Atención Temperá

Enderezo:

Rúa Oriente SN

Horario apertura

Lun –Xov: 7:30 am – 18:00 pm / Ver: 7:30 am - 15:00 pm

Atención Temperá

Que é a atención temperá?

O servizo de atención temperá son un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, que ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

A quen se dirixe a atención temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, empadroados no Concello de Ponteareas, así como ás súas familias e ao seu contorno.

Quen desenvolve a atención temperá en Galicia?

A atención temperá en Galicia é unha competencia compartida pola Consellería de Política Social, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, cos seus equipos de intervención, forman a Rede galega de atención temperá. Esta rede dispón duns equipos interprofesionais que, dependendo do diagnóstico realizado, abordarán o caso desde unha ou outra especialidade do equipo.

Cal é o procedemento para recibir atención temperá?

A familia deberá acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle corresponda e informará o pediatra da sospeita de trastorno do desenvolvemento.

Será este profesional quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso.

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do desenvolvemento nun neno?

Na maioría dos casos son as familias as que presentan a sospeita dun trastorno do desenvolvemento, pero nalgúns casos estas situacións detéctanse nas escolas infantís, nos servizos sociais comunitarios ou mesmo por outra instancia que trata o menor e a súa familia. No caso de que a sospeita se detecte fóra do ámbito familiar, debe informarse a familia e/ou as persoas responsables do neno ou nena para que acudan ao servizo de pediatría, que iniciará o procedemento que corresponda.

Descarga o Tríptico