Consumo (OMIC)

Enderezo:

Rúa Oriente, 12 - 2º andar. (Edificio de Servicios Sociales

Luns. mércores e venres de 9:00h a 13:00h.

Consumo (OMIC)

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo público, dependente do Concello de Ponteareas, que ten como labor a defensa e a protección das persoas consumidoras.

Con este servizo as persoas consumidoras e usuarias dispoñen, de maneira gratuíta, da posibilidade de realizar consultas, presentar reclamacións ou solicitar información e documentación en materia de consumo.

Servizos:

  • Informar, axudar e orientar ás persoas consumidoras mediante unha atención personalizada.
  • Tramitar reclamacións e denuncias
  • Realizar actos de mediación
  • Educar e formar en materia de consumo
  • Promover e informar sobre o sistema arbitral de consumo