O programa ‘Vacacións en Paz’ busca familias para acoller este verán a 11 nenas e nenos refuxiados saharauis

  • As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao teléfono 669 07 87 25

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) xa ten en marcha unha nova edición do programa ‘Vacacións en Paz’, co que cada ano colabora o Concello de Ponteareas e a través do que nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tindouf poden pasar os meses de verán en Galicia.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, mantivo un encontro coa responsable do programa ‘Vacacións en Paz’ en Pontevedra, Conchi Fernández. A asociación fai un chamamento para acoller a 11 nenos e nenas refuxiados saharauis durante os meses de xullo e agosto, nos que as temperaturas no Sáhara superan os 50 graos á sombra.

As persoas interesadas en recibir a nenos e nenas este verán poden solicitar máis información chamando ao teléfono 669 07 87 25.

1 Comment

  • 2 Xullo, 2023

    Hi, this is a comment.
    To get started with moderating, editing, and deleting comments, please visit the Comments screen in the dashboard.
    Commenter avatars come from Gravatar.

Leave Your Comment