Máis de 80 participantes no VII Torneo de Xadrez e Natureza

Celebrouse a pasada fin de semana no parque forestal da Fraga do Rei, en Cristiñade

Grande acollida do VII Torneo Xadrez e Natureza, que se celebrou o pasado domingo no Parque Forestal da Fraga do Rei, na parroquia de Cristiñade. No evento participaron 82 xogadores e xogadoras procedentes de clubes das provincias de Ourense e Pontevedra para medirse nas categorías Escolar e Absoluta.

Os xogadores e as súas familias disfrutaron dun fermoso día de lecer, no que gozaron deste deporte e dunha xornada ao aire libre no mesmo parque. Organizado pola Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, a organización convidou á merenda a todas e todos os inscritos e celebrou un sorteo de agasallos para todos os participantes en idade escolar e da categoría absoluta.

O acto de clausura contou coa presenza da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; do concelleiro de Deportes, Francisco Represas e da directiva do Club ponteareán, que entregaron os trofeos ás persoas gañadoras.

O torneo rematou cos seguintes resultados:

Categoría Escolar

1º Brian Gómez Domínguez (Clube Xadrez Benchoshey).

2º Miguel Casado Diz (Escola Xadrez Pontevedra ).

3º Jacobo Beloso Lamas (Clexio García Barbón Vigo).

Categoría Sub-08

Hugo González Lorenzo (Colexio García Barbón Vigo).

Categoría Sub-10

Martín González Rivero (Club Xadrez Mos).

Categoría Sub-12

José Luis Negreira Popescu (Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas).

Categoría Sub-14

1º Brais Vázquez Fernández (Clube Xadrez Ourense).

Categoría Sub-16

Breixo Vidal Salgueiro (Clube Xadrez Mos).

Categoría Sub-18

Ángel Rial Domínguez (Clube Xadrez Lucena Vigo).

Categoría Mellor Xogador do Clube Organizador

Miguel Juan Morado (Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas).

Categoría Absoluta

1º Andrea Dorado Meijide (Clube Xadrez Fontecarmoa Vilagarcía de Arousa).

2º Miguel González Davila (Sociedad Deportiva Club Marcote).

3º Bernardo Rebollo Montes (Escola Xadrez Pontevedra).

Anterior O CIFP A Granxa estrea nova aula laboratorio

Leave Your Comment