O Concello, a través da concellería de Xuventude, abre o prazo para participar no concurso Talento Xove.

A administración local é consciente da importancia que ten facilitar váis polas que poida manifestarse a actividade artística individual e colectiva da xuventude de Ponteareas. O que se pretende desde o concello é estimular a mocidade da vila e actuar ocmo canle de difusión das súas inquedanzas artísticas.

Esta actividade vai dirixida á mocidade residente na vila ata os 30 anos inclusive, que poderán apuntarse ata o día 15 de marzo inclusive.

A inscrición realizarase cubrindo a ficha na oficina da OMIX, situada na biblioteca municipal ou mediante o envío dun correo electrónica ao enderezo xuventude@ponteareas.gal, nos centros escolares ou demais escolas que así o soliciten se lles facilitarán as fichas de inscricións.

Rematado o prazo de inscricións elvaranse a cabo as fases de preselección e fases finais de cada disciplina no prazo máximo de 90 días.

As categorías son as seguintes:

Categoria infantil nacidos en 2012 ata o 2018
Categoria cadete nacidos 2006 ata o 2011
Categoria xuvenil de 1994 ata o 2005

no caso de non ter cinco ou máis participantes por categoría a organización poderá unificar nun categoría ou en dúas.

As disciplinas son as seguintes:

Artes plásticas: Coas modalidades de pintura e escultura. As obras serán orixinais e o tema e as técnicas serán libres.

Arte urbana: As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego. o tema e a técnica serán libres.

Banda deseñada: As obras serán orixinais e inéditas, de temática libre e con textos en galego. A técnica pode ser calquera, en branco e negro ou en cor. A obra presentarase en formato dixital (A4 ou A3) ou en método tradicoinal e a extensión mínima terá que ser de unha páxina e máxima de tres.

Cociña: As receitas poderán ser individuais ou en parella, admintíndose unha receita por participante (sexa individual ou en parella). Pode tratarse dun prazo salgado ou doce.

Danza moderna: Coas disciplinas de danza contemporánea, danza urbana, jazz-lírico e danza experimental. De forma individual ou en grupo (mínimo de dúas persoas e máximo de 30). A duración da actuación non pode superar os cinco minutos e a coreografía debe ser inédita.

Fotografía: As obras serán orixinais. O tema e as técnicas serán libres. Unha ou varias fotografías, ata un máximo de 6, en cor ou en branco e negro. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes, só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición final ou se a comisión de selección o estima necesario.

As fotografías teñen que ter a autorización de dereitos de imaxe en caso de que a necesite.

Música: Solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea e clásica

Novela curta: A obra será orixinal, inédita e en galego. O tema será libre. Por escrito ou a ordenador, en tamaño 12, tipografía arial e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de tres follas e máxima de 10.

Moda: As coleccións deben ser orixinais e coherentes, con modelos de home ou muller. Será necesario definir o tecido utiilzado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentarase estes deseños en formato dixital ou en láminas DIN A-3 con deseño de fronte e de costas.

Poesía: A obra será orixinal, inédita e en galego. O etma e a técnica serán libres. A obra realizaráse a ordenador, en tamaño 12 e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 10 versos.

Anterior Máis de 80 participantes no VII Torneo de Xadrez e Natureza

Leave Your Comment