O Concello acolle a presentación da revista Pregón 2024 que xa está a disposición das veciñas e veciños

O Concello acolle a presentación dunha nova edición da Revista Pregón para este Corpus Christi 2024. No acto participaron a alcaldesa, Nava Castro, o primeiro tenente da alcaldesa, Juan Carlos González e o responsable da revista, Gonzalo Fernández.

Esta presentación atópase no marco do programa de actividades do Corpus Christi 2024, unha edición marcada polo recente recoñecemento da festa como Ben de Interese Cultural, por parte da Xunta de Galicia ante a calidade e tradición desta festa.

Como cada ano, a revista recolle información de interese sobre a festividade do Corpus Christi, con imaxes en referencia ás alfombras das parroquias, as medallas entregadas e artigos de investigación con respecto á historia e tradición da festa, da man de expertos na materia.

No acto tamén estivo presente a música, coas actuacións do grupo Folclórico de Padróns e do novo violinista local Zeus Alfaya acompañado do seu profesor Serghei Maximov ao piano.

Anterior O Concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimento para aceptar as mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies