O Concelo felicita á ponteareá María Domínguez, gañadora do IV Concurso de Novos/as

  • A obra gañadora, ‘No vértice da escuma’, estrearase na xira do Festival de Ensembles 2023
  • Nava Castro: “María Domínguez é un exemplo do rico legado musical de Ponteareas, berce de grandes compositores e compositoras”

O Concello traslada os seus parabéns á compositora ponteareá María Domínguez, gañadora do IV Concurso de Novos/as Compositores/as ‘Juan José Olives’ coa súa obra ‘No vértice na escuma’. A alcaldesa, Nava Castro, felicitou calorosamente á compositora por este prestixioso galardón, que “pon en valor o seu extraordinario talento e creatividade musical”. “María Domínguez é un exemplo do rico legado musical de Ponteareas, berce de grandes compositores e compositoras que ao longo da historia levaron o nome da nosa vila máis alá das nosas fronteiras”, subliñou a rexedora.

A peza gañadora, que será estreada na xira do Festival Ensembles 2023, parte dun poema de Marta Dacosta e pretende recrear unha atmosfera sonora que transporte ao público a ese lugar íntimo, misterioso e contemplativo que describe o poema. A obra bebe do minimalismo en canto a ambiente sonoro, mentres que de maneira procesal, o ruído e os elementos da natureza vanse dilatando, axitando e acelerando sobre construcións modais, acumulación de texturas e variacións rítmicas ata que se dilúen por completo na bruma inicial. Trátase dunha orixinal peza que propón un mundo de colores e texturas que evocan o vento, as rochas e o mar e na que a interpretación e a imaxinación xogan un papel esencial.

María Domínguez naceu en Ponteareas en 1996 no sei dunha familia musical co seu pai como referente. Cun máster artístico en Dirección sinfónica e vogal e estudos superiores nas especialidades de Composición, Dirección e Canto ademais do título profesional de piano, dende moi nova recibe clases de danza y música ampliando a súa experiencia en agrupacións corais e didáctica musical con nenos e nenas. Actualmente cursa un posgrao de Dirección en Vilnius, Lituania.

Anterior O programa ‘Vacacións en Paz’ busca familias para acoller este verán a 11 nenas e nenos refuxiados saharauis

Leave Your Comment