Saúdo da Alcaldesa

Prezadas veciñas e veciños:

Saúdovos dende a nova páxina web do Concello de Ponteareas. Unha ferramenta máis que pomos a vosa disposición para que poidades relacionarvos coa administración local a calquera hora do día e dende vos atopedes. A nosa intención é acompañarvos no voso día a día facilitándovos as xestións e acurtando as distancias.

Na nosa nova páxina poderedes non só informarvos, tamén inscribirvos en actividades e campus; solicitar o uso de espazos públicos; pedir citas; xestionar certificados de empadroamento; consultar as novas e coñecer os procesos de contratación, entre outros moitos contidos, trámites e xestións para que poidades formar parte do presente e do crecemento do noso concello.

Somos unha vila participativa e implicada capaz de seguir mantendo vivas as nosas tradicións, legalas ás novas xeracións e amosalas a todos os rincóns do mundo. O Corpus Christi, o legado musical dos mestres Reveriano Soutullo e Rogelio Groba; o ciclismo dende Emilio e Delio Rodríguez a Álvaro Pino; a menina Agustina Sarmiento retratada por Velázquez ou a nosa tradición pasteleira das rosquillas son parte dos nosos sinais de identidade, coñecidos en todo o mundo.

Agardamos que sexa da vosa utilidade e seguir medrando con vós.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, conta con diversos Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. UDC, en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña– Fundación Española de Estudos Sociais). Curso de Liderado Público (INAP).

  • Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia.
  • Dende 1998 e ata 2000 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia).
  • De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.
  • Entre 2000 e 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas.
  • Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas (Pontevedra), onde en 2007 asumiu a concellería de Economía e Facenda.
  • De 2003 a 2006 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocupou entre 1998 e 2000 e entre 1995 e 1998.
  • Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.
  • En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata a setembro de 2012.
  • En xaneiro de 2013 foi nomeada directora de Turismo de Galicia, cargo que ocupou ata o mes de xuño de 2023.