PONTEAREAS CELEBRA MAÑÁ O SEU I TORNEO DE PETANCA INCLUSIVO

PONTEAREAS CELEBRA MAÑÁ O SEU I TORNEO DE PETANCA INCLUSIVO

  • De 11 a 14 horas o parque das Pombas acollerá esta primeira cita na que se competirá por equipos
  • Oito equipos de tripletes formado cada un por persoas usuarias das diferentes sedes de Avelaíña

Ponteareas, 5 de xuño de 2024.-  Grazas á colaboración entre o Concello de Ponteareas, a asociación AVELAÍÑA saúde mental e El Parque Club Petanca mañá xoves día 6 terá lugar o I Torneo de Petanca Inclusivo Vila do Corpus.

De 11 a 14 horas o parque das Pombas acollerá esta primeira cita na que se competirá por equipos.

Diversidade, deportivade e moito bo humor reinará no parque das Pombas no qeu oito equipos de tripletes formado cada un por persoas usuarias das diferentes sedes de Avelaíña (A Guarda, Baiona e Ponteareas).

A alcaldesa, Nava Castro, agradece o “importante traballo destes colectivos que traballan para mellorar o día a día das persoas” e xunto  ao concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, convidan a todas as persoas a asistir a este evento deportivo.

Anterior O BALCÓN DE ROSA BARRERA GAÑADOR DO I CONCURSO DE BALCÓNS FLORIDOS DE PONTEAREAS

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimento para aceptar as mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies