UN TAPIZ FLORAL DE PONTEAREAS LOCE NAS FESTAS DE CORPUS CHRISTI DE LA OROTAVA

  • • A alcaldesa e nove alfombristas da rúa Reveriano Soutulo desprazáronse á vila canaria
  • • Realizaron un tapiz floral de nove por cinco metros

As e os nosos alfombristas confeccionaron un tapiz floral de nove metros de longo por cinco de ancho na contorna da Casa do Concello da vila.

Ao estilo Ponteareas, así quixeron amosar a nosa arte floral en territorio canario os nosos alfombristas, empregando materiais naturais que foron transportados dende Ponteareas e completando con materiais subministrados pola vila da Orotava.

Ponteareas e La Orotava reafirman a súa irmandade e un ano máis, e xa van 40, colaboran para amosar ás persoas visitantes a súa arte en flor, areas e terras unidas pola devoción ao Corpus Christi, pola unidade veciñal e pola transmisión popular de coñecementos e tradicións.

A alcaldesa agradece ao alcade de La Orotava, Francisco Linares, e a todos os alfombristas e persoas colaboradoras a atención recibida “sendo unha vez máis unha experiencia única vivir con elas e eles esta festividade e esta tradición que nos une”.

As Festas de Corpus Christi e San Isidro Labrador son Festas de Interese Turístico Nacional.

Anterior PONTEAREAS CELEBRA MAÑÁ O SEU I TORNEO DE PETANCA INCLUSIVO

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimento para aceptar as mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies